domingo, 26 de abril de 2020

Semana do 27 ao 30 abril. Os maios

Boas a todas e todos.
Que tal a primeira saída da casa? 
Espero que fora todo ben!

Sen darnos conta chega o mes de maio e a súa festa!


Por esto, a proposta para esta semana será:


-Facer un visionado da festa dos maios dos anos anteriores. Tedes máis abaixo os encales desde 2014. Moito medrastes dende aquela!


- Achegar algunha copla popular que fale dos maios ou que  inventedes vos memos/as ao correo couceiromusical@gmail.com .


Para darvos ideas, deixovos un video dos Maios do grupo Habelas Hainas xunto coa letra. Este grupo de mulleres é un exemplo do novo trad e folk galego.O proxecto de Habelas Hainas nace en 2010 cando estas 4 rapazas cruzan os seu camiños. 

A segunda parte da canción utiliza coplas creadas por elas sobre o Barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela que recuperou a Festa dos Maios

Maios Habelas Hainas
 



Para facer os maios
temos que coller
un feixe de flores
e algo que dizer.

Vinde meu amigo
veremos nacer
flores e fiúnchos
logo do mencer.

Levántate maio
que tando durmiches
pasou o inverno
e non o sentiches.

Prenderemos lume
na noite enmeigada
ficarannos brasas
para a madrugada.

Maio Maio chega a San Pedro
vén con flores fiúnchos e fentos
Maio Maio entra no barrio
bótennolo maio señoras de San Pedro
se non tendes maio oh! Bótennos diñeiro
Aí vén o Maio pola rúa do Medio
cantaremos coplas, botemos o inverno

Maio maio chega a San Pedro
sen ningunha axuda do concello
maio maio entra no barrio
botaremos coplas, señores do concello
se non tendes luces as fachas prenderemos
Aí vén o Maio pola rúa do Medio
onde todo brilla menos os dereitos!!!

Maio maio chega entre velas
con copliñas alumean as Habelas
maio maio entra no barrio
botaremos coplas, ergamos as candeas
nós brillamos moito
e a vós pouco vos queda
Aí vén o Maio chegou a Compostela
sempre viva en loita non poderán con ella!!!



E aí van os nosos maios!









No hay comentarios:

Publicar un comentario