domingo, 31 de mayo de 2020

Semana do 1 ao 5 de xuño. Educación Infantil e Primaria


Boas a todas e todos! 

Este venres 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. 
Non desaproveitemos esta ocasión para colaborar na ineludible tarefa de coidar o noso planeta azul. A idea é que todos e todas actuemos para asegurar agora e no futuro un hábitat más limpo, verde e san
A regra dos tres “R”  ecolóxicos é unha regra para coidar o medio ambiente, específicamente para reducir o volume de residuos  xerados.
En poucas palabras, os 3R pretenden desenvolver hábitos de consumo responsable e concientizan a tirar menos lixo, aforrar cartos e ser un consumidor máis responsable.

Xavi Lozano nos dá ideas neste video de como aproveitar os materiais de refugallo para facer instrumentos como fixemos coas latas e algún instrumento nalgún curso.





E para mostra un botón

Alalá de Muxía by Coetus


O noso folclore tamén é unha mostra de aproveitamento de materiais para facer música. Podedes comprobalo neste video onde Aliboria utiliza piñas, latas de pementón, tixolas, cunchas, botellas... para facer música.



Poñede a funcionar o maxín e mandádeme algún video ou foto coas vosas propostas tanto dalgún instrumento que poidades construir  con materiais de refugallo, como do aproveitamento de obxectos para facer música  a couceiromusical@gmail.com

domingo, 24 de mayo de 2020

Educación Infantil. Semana do 25 ao 29 de maio

Boas a todas e a todos!

Canción: La mascota (Pollito Pío)


Cal é a túa mascota preferida?
Se non tes, cal che gustaría ter?

Esta canción pode axudarche e así recoñecer tamén o son dos animais.

Podedes mandarme a vosa resposta a couceiromusical@gmail.com 

1º e 2º Curso de Educación Primaria. Semana do 25 ao 29 de maio.

Boas a todas e todos!


Canción: “Os opostos”

 

Agora sabedes que é un oposto?

Podedes mandarme a vosa lista de opostos preferidos a couceiromusical@gmail.com

3º e 4º Curso de Educación Primaria. Semana do 25 ao 29 de abril

Boas a todas e todos!

Imos facer unha ruleta musical, un Pasapalabra!




Acertaches moitas?
Podedes mandarme a vosa resposta a couceiromusical@gmail.com


Partitura gráfica

A música pode escribirse coa linguaxe convecional no pentagrama onde indicamos a altura das notas, escribimos as figuras de duración, a clave,... 
Pero tamén hai outras formas de escribir música ou sons.
 Aquí tedes algúns exemplos.


Agora tócavos poñer a funcionar o maxín e facer unha.
Podedes mandarme unha foto ou video das vosas  partituras a couceiromusical@gmail.com

. 5º e 6º Curso de Educación Primaria.Semana do 25 ao 29 de maio

Boas a todas e todos!

Esta semana descubriremos como sonaba a música hai 2500 anos con Abraham Cupeiro

 



Agora nos convertiremos en luthiers, ou sexa, construtores de instrumentos e con Abraham faremos  unha gaita cunha palliña.



Podedes mandarme unha foto ou video das vosas gaitas a couceiromusical@gmail.com 

domingo, 17 de mayo de 2020

Semana do 17 ao 22 de maio. Letras Galegas.

Boas rapazada!

Este domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, este ano 2020
 adicado a Ricardo Carvalho Calero.

As actividades propostas dende a biblioteca pódedelas ver no blogue "Xardín do pasatempo"






Ademais destas actividades, dende música vos propoño as seguintes:

Educación Infantil

Escoitade atentamente este conto escrito por Ricardo Carvalho Calero “ As pitas baixo a choiva”



Cal destes sons da natureza escoitastes no conto? 
-          Choiva
-          Mar
-          Lóstrego
-          Pitas
-          vento
-          Cabalos


Educación Primaria 
1º e 2º curso


 Para coñecer mellor a figura homenaxeada nas Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero, 
 imos escoitar un conto escrito por el.
 Titúlase “As pitas baixo a choiva”




Que fariades vos nesa situación? Podedes enviar a vosa resposta a couceiromusical@gmail.com

 Educación Primaria
 3º e 4º curso

Ricardo Carvalho Calero e a ópera.

Vamos a coñecer algo máis sobre este xénero musical a través das seguintes actividades interactivas.



Podedes mandar unha opinión do que máis che gustou da actividade a couceiromusical@gmail.com

 Educación Primaria
5º e 6º curso

Ricardo Carvalho Calero e o teatro.
Imos coñecer algo máis sobre teatro coas seguintes actividades interactivas.



Podedes mandar unha opinión do que máis che gustou da actividade a couceriomusical@gmail.com



Preguntas musicais sobre Ricardo Carvalho Calero





Podedes mandar unha pequena referencia a algún dos aspecto que máis vos gustaran a couceriomusical@gmail.com



domingo, 10 de mayo de 2020

Educación Infantil. Semana do 11 ao 15 de maio


O día 29 de abril foi o Día Internacional da Danza!

Ímolo celebrar como é debido esta semana cun dos bailes que traballamos no primeiro trimestre .
"Indo eu”
 Un xogo-baile portugués que poderedes bailar en familia. 




Educación Primaria. Semana do 11 ao 15 de maio


O día 29 de abril foi o ía Internacional da Danza!!

Ímolo celebrar como é debido esta semana con Pesdelán, un colectivo que, mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a idade, condición física ou experiencia.
Nesta ocasión nos ofrecen as seguintes danza:

- O Frevo, danza do Brasil típico do entroido
-  O Pai Paulino xogo-baile galego.
- O Peziño de Portugal
- O Txulalai do Pais Vasco
- O Baiao portugués.


Podedes facer un baile cada día da semana, sós ou en familia.




domingo, 3 de mayo de 2020

6º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio


Boas a todas e a todos!

Estas son as tarefas para esta semana.

Canción “chea de vida” de Guadi Galego ( Pop galego) con linguaxe de signos.
Podedes aprender a letra tamén signada.





Linguaxe musical.
Con Papagena repasaremos as figuras musicais e as equivalencias.




5º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio

Boas a todas e a todos!
Esta semana imos traballar unha das partes da Obertura de Guillermo Tell

Guillermo Tell by Rossini
Guillermo Tell é unha ópera en catro actos con música de Guioachino Rossini e libreto do francés Étienne de Jouy e Hipplyte Bis basados na obra de Friedrich Schiller, que ten como protagonista ao lexendario heroe da independencia suiza Guillermo Tell.

Na actualidade esta ópera recórdase principalmente pola súa famosa obertura. Divídese en 4 partes da cal imos traballar a úlitma “el finale” 
É un galop, unha carga de cabaleiría anunciada polas trompas e trompetas e se interpreta con toda a orquestra. Imos escoitala e vela a través dunha evocación con cabalos





Agora que xa estades familiarizados con ela imos a acompañala con percusión corporal.
Galop de Guillermo Tell con percusión corporal.




 Guillermo Tell by Rossini. Obertura completa.

Para quen lle interese deixo este enlace coa obertura completa.


4º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio

Boas a todas e a todos!

Como sei que moitos e moitas de vos estades facendo pan na casa, déixovos estas actividades para esta semana.

Ritmo de panaderas
O ritmo das panaderas é o nome que recibe un tipo de canción de traballo usado como comparsa durante as xornadas de traballo no medio rural en Castela e León. A súa orixe puido ser a necesidade de amenizar aquelas labores monótonas ou mecánicas que podían someterse a unha base rítmica, como os cantos de sega o de vendima.

Aquí tedes un titorial para aprender este ritmo:




Estos son uns exemplos que podedes acompañar:

Ana Rossi & Marina Pittier :: Las Panaderas - Diciendo tu madre

Tradicional

EL NAÁN "PANADERAS DE PAN DURO"

Letra e Música orixinal de El Naán 2014.



3º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio

Boas a todas e a todos!

Magín Blanco preséntanos “Todo o día na casa”, canción na que describe o día a día   neste confiamento.  As  animacións son  da pintora, ilustradora e profesora Luz Beloso e coas voces de grandes referentes da música galega como son Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Carmen Rey, Mari Faltri, Paula Romero e María Costa.

Ánimo que xa quedou máis!



Todo o día na casiña
da cociña ata o salón
do salón ata a cociña
outra patada ao balón.

Logo collemos un libro
de coellos roedores
imos correndo con el
por tódolos corredores.

Todo o día na casiña
mirando as nubes pasar
preguntándolle aos paxaros
de onde sacaron as ás.

Podemos facer un conto
ou facer unha canción
do salón ata a cociña
da cociña ata o salón.

Retrouso

Grandes e pequenas
somos todas coma nenas
brillan as estrelas
e aínda queremos collelas

Grandes e pequenos
somos todos coma nenos
viamos paxaros
e queremos apertalos

Todo o día na casiña
indo de aquí para alá
inventando percorridos
coa pandeireta na man.

Un pasiño leva a outro
é hora de merendar
hoxe toca froita fresca
e iogur pra rematar.


Non nos imos dar máis bicos
tan só nos imos mirar
agora somos patiños
e facemos cua, cua, cua.

Xogamos a ser gaivotas
pero temos que parar
agardar que cambie o vento
e que amaine o temporal.

Retrouso
Instrumental

2º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio

Boas a todas e a todos!

Velaí tedes Amawolé, unha canción da República Democrática do Congo.

-          Botádelle un vistazo ao video.
-          Acompañade coas palmas como propón a animación
-          Aprendede a cantar a canción.
-          Animade ás persoas que están convosco a cantala, é moi sinxela.





1º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio

Boas a todas e a todos!


Audición: A quinta sinfonía de Beethoven
Despois de escoitar e ver esta marabilla, fai a túa interpretación cun debuxo ou cun baile.





Non tedes curiosidade por saber quen é Beethoven?
Descúbrideo  neste vídeo

Educación Infantil. Semana do 4 ao 7 de maio

Boas a todas e a todos!


Para esta semana temos unha canción de "Bos días" para alegrar a mañá

E para acabar de espertar, imos mover o corpo!