domingo, 31 de mayo de 2020

Semana do 1 ao 5 de xuño. Educación Infantil e Primaria


Boas a todas e todos! 

Este venres 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. 
Non desaproveitemos esta ocasión para colaborar na ineludible tarefa de coidar o noso planeta azul. A idea é que todos e todas actuemos para asegurar agora e no futuro un hábitat más limpo, verde e san
A regra dos tres “R”  ecolóxicos é unha regra para coidar o medio ambiente, específicamente para reducir o volume de residuos  xerados.
En poucas palabras, os 3R pretenden desenvolver hábitos de consumo responsable e concientizan a tirar menos lixo, aforrar cartos e ser un consumidor máis responsable.

Xavi Lozano nos dá ideas neste video de como aproveitar os materiais de refugallo para facer instrumentos como fixemos coas latas e algún instrumento nalgún curso.





E para mostra un botón

Alalá de Muxía by Coetus


O noso folclore tamén é unha mostra de aproveitamento de materiais para facer música. Podedes comprobalo neste video onde Aliboria utiliza piñas, latas de pementón, tixolas, cunchas, botellas... para facer música.



Poñede a funcionar o maxín e mandádeme algún video ou foto coas vosas propostas tanto dalgún instrumento que poidades construir  con materiais de refugallo, como do aproveitamento de obxectos para facer música  a couceiromusical@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario