domingo, 3 de mayo de 2020

5º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio

Boas a todas e a todos!
Esta semana imos traballar unha das partes da Obertura de Guillermo Tell

Guillermo Tell by Rossini
Guillermo Tell é unha ópera en catro actos con música de Guioachino Rossini e libreto do francés Étienne de Jouy e Hipplyte Bis basados na obra de Friedrich Schiller, que ten como protagonista ao lexendario heroe da independencia suiza Guillermo Tell.

Na actualidade esta ópera recórdase principalmente pola súa famosa obertura. Divídese en 4 partes da cal imos traballar a úlitma “el finale” 
É un galop, unha carga de cabaleiría anunciada polas trompas e trompetas e se interpreta con toda a orquestra. Imos escoitala e vela a través dunha evocación con cabalos





Agora que xa estades familiarizados con ela imos a acompañala con percusión corporal.
Galop de Guillermo Tell con percusión corporal.




 Guillermo Tell by Rossini. Obertura completa.

Para quen lle interese deixo este enlace coa obertura completa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario