Boas a todas e a todos!
Magín Blanco preséntanos “Todo o día na casa”,
canción na que describe o día a día neste confiamento. As animacións son da pintora, ilustradora e profesora Luz Beloso e coas
voces de grandes referentes da música galega como son Paty Lesta, Uxía, Guadi
Galego, Rosa Cedrón, Carmen Rey, Mari Faltri, Paula Romero e María Costa.
Ánimo que xa quedou máis!
Todo o día na casiña
da cociña ata o salón
do salón ata a cociña
outra patada ao balón.
Logo collemos un libro
de coellos roedores
imos correndo con el
por tódolos corredores.
Todo o día na casiña
mirando as nubes pasar
preguntándolle aos paxaros
de onde sacaron as ás.
Podemos facer un conto
ou facer unha canción
do salón ata a cociña
da cociña ata o salón.
Retrouso
Grandes e pequenas
somos todas coma nenas
brillan as estrelas
e aínda queremos
collelas
Grandes e pequenos
somos todos coma nenos
viamos paxaros
e queremos apertalos
Todo o día na casiña
indo de aquí para alá
inventando percorridos
coa pandeireta na man.
Un pasiño leva a outro
é hora de merendar
hoxe toca froita fresca
e iogur pra rematar.
Non nos imos dar máis bicos
tan só nos imos mirar
agora somos patiños
e facemos cua, cua, cua.
Xogamos a ser gaivotas
pero temos que parar
agardar que cambie o vento
e que amaine o temporal.
Retrouso
Instrumental
No hay comentarios:
Publicar un comentario