domingo, 7 de junio de 2020

5º e 6º curso de Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño


Boas rapazada!

Propóñovos para esta semana visitar o Museo De Urueña, cheo de instrumentos curiosos e tamén aprender algúns puntos e picados do baile tradicional galego e así poder participar nalgunha festa do verán bailando muiñeiras e xotas.

Animádevos a  mandarme as vosas reflexións sobre o museo e un pequeno video con algún paso a couceiromusical@gmail.com

A páxina de Instrumentos Musicais dos museos de Urueña permite ver e escoitar os instrumentos da Colección Luis Delgado e os da Fundación Joaquín Díaz.

Disfrutádeos!





Baile galego.


Miguel Sotelo vainos ensinar unha serie de pasos básicos e puntos elaborados para que poidamos bailar en calquera romería.

Baile galego. Puntos




Se tedes dúbidas cos picados, Miguel volos explica neste video.



E para combinar todo isto tedes aquí algúns puntos


No hay comentarios:

Publicar un comentario