domingo, 4 de julio de 2021

Robótica Musical

Nos últimos meses de cole, incluímos na nosa práctica musical os robots en diferentes cursos.

Así, o alumnado de 6º puido practicar a canción de Star Wars co Mbot, traballando as diferentes alturas das notas. Descubrimos o que son os sensores ultrasóns e o necesario que é ser precisos á hora de colocar a man na nosa escala musical, xa que se non o facemos, a nota que soa é outra.





domingo, 7 de junio de 2020

5º e 6º curso de Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño


Boas rapazada!

Propóñovos para esta semana visitar o Museo De Urueña, cheo de instrumentos curiosos e tamén aprender algúns puntos e picados do baile tradicional galego e así poder participar nalgunha festa do verán bailando muiñeiras e xotas.

Animádevos a  mandarme as vosas reflexións sobre o museo e un pequeno video con algún paso a couceiromusical@gmail.com

A páxina de Instrumentos Musicais dos museos de Urueña permite ver e escoitar os instrumentos da Colección Luis Delgado e os da Fundación Joaquín Díaz.

Disfrutádeos!





Baile galego.


Miguel Sotelo vainos ensinar unha serie de pasos básicos e puntos elaborados para que poidamos bailar en calquera romería.

Baile galego. Puntos




Se tedes dúbidas cos picados, Miguel volos explica neste video.



E para combinar todo isto tedes aquí algúns puntos


3º e 4º curso de Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño



Boas rapazada!

Propóñovos para esta semana unhas actividades relacionadas coa obra "En un mercado persa" con actividades de ritmo e unha coreografía moi molona de Bollywood

Animádevos a facela e mandarme un pequeno video a couceiromusical@gmail.com


Obra Musical En un mercado persa (Albert Ketelbey)
Música de introducción Las noches del encuentro de Laili al Wasl.
Disco: Jardín de Al-Andalus de Eduardo Paniagua
Idea e texto de Eva Alonso Roca
Ilustración: José Rubio Malagón
Animación: Ismael Pantaleón 



En un mercado persa. Ritmo.
Agora imos acompañar con percusión corporal un fragmento desta obra.



Titorial da coreografía Believe in love. Bollywood




Coreografía Believe in love. Bollywood






2º curso Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño


Boas rapazada!

Propóñovos para esta semana unhas actividades de ritmo e unha coreografía moi molona.
Animádevos a facela e mandarme un pequeno video a couceiromusical@gmail.com

Rock and roleando. Ritmo






Coreografía Elvis Presley Jailhouse Rock 


1º curso de Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño.


Boas rapazada!

Propóñovos para esta semana unhas actividades de ritmo e unha coreografía moi molona.
Animádevos a facela e mandarme un pequeno video a couceiromusical@gmail.com


Exercicio musical con palabras.




Coreografía Madre tierra de Chayane.



domingo, 31 de mayo de 2020

Semana do 1 ao 5 de xuño. Educación Infantil e Primaria


Boas a todas e todos! 

Este venres 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. 
Non desaproveitemos esta ocasión para colaborar na ineludible tarefa de coidar o noso planeta azul. A idea é que todos e todas actuemos para asegurar agora e no futuro un hábitat más limpo, verde e san
A regra dos tres “R”  ecolóxicos é unha regra para coidar o medio ambiente, específicamente para reducir o volume de residuos  xerados.
En poucas palabras, os 3R pretenden desenvolver hábitos de consumo responsable e concientizan a tirar menos lixo, aforrar cartos e ser un consumidor máis responsable.

Xavi Lozano nos dá ideas neste video de como aproveitar os materiais de refugallo para facer instrumentos como fixemos coas latas e algún instrumento nalgún curso.





E para mostra un botón

Alalá de Muxía by Coetus


O noso folclore tamén é unha mostra de aproveitamento de materiais para facer música. Podedes comprobalo neste video onde Aliboria utiliza piñas, latas de pementón, tixolas, cunchas, botellas... para facer música.



Poñede a funcionar o maxín e mandádeme algún video ou foto coas vosas propostas tanto dalgún instrumento que poidades construir  con materiais de refugallo, como do aproveitamento de obxectos para facer música  a couceiromusical@gmail.com