Archivo del blog
-
▼
2020
(66)
-
►
mayo
(16)
- Semana do 1 ao 5 de xuño. Educación Infantil e Pri...
- Educación Infantil. Semana do 25 ao 29 de maio
- 1º e 2º Curso de Educación Primaria. Semana do 25 ...
- 3º e 4º Curso de Educación Primaria. Semana do 25 ...
- . 5º e 6º Curso de Educación Primaria.Semana do 25...
- ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O 3º...
- Semana do 17 ao 22 de maio. Letras Galegas.
- Educación Infantil. Semana do 11 ao 15 de maio
- Educación Primaria. Semana do 11 ao 15 de maio
- 6º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
- 5º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
- 4º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
- 3º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
- 2º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
- 1º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
- Educación Infantil. Semana do 4 ao 7 de maio
-
►
mayo
(16)
domingo, 14 de junio de 2020
domingo, 7 de junio de 2020
5º e 6º curso de Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño
Boas rapazada!
Propóñovos para esta
semana visitar o Museo De Urueña, cheo de instrumentos curiosos e tamén aprender algúns puntos e picados do baile tradicional galego e así poder participar nalgunha festa do verán bailando muiñeiras e xotas.
Animádevos a mandarme as vosas reflexións sobre o museo e un pequeno video con algún paso a couceiromusical@gmail.com
A páxina de
Instrumentos Musicais dos museos de Urueña permite ver e escoitar os
instrumentos da Colección Luis Delgado e os da Fundación Joaquín Díaz.
Disfrutádeos!
Baile galego.
Miguel Sotelo vainos
ensinar unha serie de pasos básicos e puntos elaborados para que poidamos
bailar en calquera romería.
Baile galego. Puntos
Se tedes dúbidas cos
picados, Miguel volos explica neste video.
E para combinar todo
isto tedes aquí algúns puntos
3º e 4º curso de Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño
Boas rapazada!
Propóñovos para esta
semana unhas actividades relacionadas coa obra "En un mercado persa" con actividades de ritmo e unha coreografía moi molona de Bollywood
Animádevos a facela
e mandarme un pequeno video a couceiromusical@gmail.com
Obra Musical En un mercado persa (Albert Ketelbey)
Música de introducción Las noches del encuentro de Laili al Wasl.
Disco: Jardín de Al-Andalus de Eduardo Paniagua
Idea e texto de Eva Alonso Roca
Ilustración: José Rubio Malagón
En un mercado persa.
Ritmo.
Agora imos acompañar
con percusión corporal un fragmento desta obra.
Titorial da coreografía
Believe in love. Bollywood
Coreografía Believe
in love. Bollywood
2º curso Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño
Boas rapazada!
Propóñovos para esta
semana unhas actividades de ritmo e unha coreografía moi molona.
Animádevos a facela
e mandarme un pequeno video a couceiromusical@gmail.com
Rock and roleando.
Ritmo
Coreografía Elvis Presley Jailhouse
Rock
1º curso de Educación Primaria. Semanas do 8 ao 19 de xuño.
Boas rapazada!
Propóñovos para esta
semana unhas actividades de ritmo e unha coreografía moi molona.
Animádevos a facela
e mandarme un pequeno video a couceiromusical@gmail.com
Exercicio musical
con palabras.
Coreografía Madre
tierra de Chayane.
domingo, 31 de mayo de 2020
Semana do 1 ao 5 de xuño. Educación Infantil e Primaria
Este
venres 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
Non
desaproveitemos esta ocasión para colaborar na ineludible tarefa de coidar o
noso planeta azul.
A idea é que todos e
todas actuemos para asegurar agora e no futuro un hábitat más limpo, verde e
san
A regra
dos tres “R” ecolóxicos é unha regra
para coidar o medio ambiente, específicamente para reducir o volume de residuos
xerados.
En poucas
palabras, os 3R pretenden desenvolver hábitos de consumo responsable e
concientizan a tirar menos lixo, aforrar cartos e ser un consumidor máis
responsable.
Xavi
Lozano nos dá ideas neste video de como aproveitar os materiais de refugallo
para facer instrumentos como fixemos coas latas e algún instrumento nalgún
curso.
E para mostra un botón
Alalá de Muxía by Coetus
O noso folclore tamén é unha mostra de
aproveitamento de materiais para facer música. Podedes comprobalo neste video
onde Aliboria utiliza piñas, latas de pementón, tixolas, cunchas, botellas...
para facer música.
Poñede a funcionar o maxín e mandádeme algún
video ou foto coas vosas propostas tanto dalgún instrumento que poidades
construir con materiais de refugallo, como do aproveitamento de obxectos para facer música a couceiromusical@gmail.com
domingo, 24 de mayo de 2020
Educación Infantil. Semana do 25 ao 29 de maio
Boas a todas e a todos!
Canción: La mascota (Pollito
Pío)
Cal é a túa mascota
preferida?
Se non tes, cal che
gustaría ter?
Esta canción pode
axudarche e así recoñecer tamén o son dos animais.
1º e 2º Curso de Educación Primaria. Semana do 25 ao 29 de maio.
Boas a todas e todos!
Canción: “Os
opostos”
Agora sabedes que é
un oposto?
Podedes mandarme a
vosa lista de opostos preferidos a couceiromusical@gmail.com
3º e 4º Curso de Educación Primaria. Semana do 25 ao 29 de abril
Boas a todas e todos!
Imos facer unha ruleta musical, un Pasapalabra!
Acertaches moitas?
Podedes mandarme a
vosa resposta a couceiromusical@gmail.com
Partitura gráfica
A música pode escribirse coa linguaxe convecional no pentagrama onde indicamos a altura das notas, escribimos as figuras de duración, a clave,...
Pero tamén hai outras formas de escribir música ou sons.
Aquí tedes algúns exemplos.
Agora tócavos poñer a funcionar o maxín e facer unha.
Podedes mandarme
unha foto ou video das vosas partituras a couceiromusical@gmail.com
. 5º e 6º Curso de Educación Primaria.Semana do 25 ao 29 de maio
Boas a todas e todos!
Esta semana descubriremos como sonaba a música
hai 2500 anos con Abraham Cupeiro

Agora nos convertiremos en luthiers, ou sexa, construtores de instrumentos e con Abraham faremos unha gaita cunha palliña.
miércoles, 20 de mayo de 2020
ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O 3º TRIMESTRE
Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, xa están dispoñibles
as adaptacións das programacións didácticas para o 3º trimestre no blogue do cole.
Aquí vos deixo o enlace:
domingo, 17 de mayo de 2020
Semana do 17 ao 22 de maio. Letras Galegas.
Boas rapazada!
Este domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, este ano 2020
adicado a Ricardo Carvalho Calero.
As actividades propostas dende a biblioteca pódedelas ver no blogue "Xardín do pasatempo"
Ademais destas actividades, dende música vos propoño as seguintes:
Educación Infantil
Escoitade atentamente este conto escrito por
Ricardo Carvalho Calero “ As pitas baixo a choiva”
Cal destes sons da natureza escoitastes no
conto?
-
Choiva
-
Mar
-
Lóstrego
-
Pitas
-
vento
-
Cabalos
Educación Primaria
1º e 2º curso
Para
coñecer mellor a figura homenaxeada nas Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho
Calero,
imos escoitar un conto escrito
por el.
Titúlase “As pitas baixo a choiva”
Que fariades vos nesa situación? Podedes enviar a vosa resposta a couceiromusical@gmail.com
Educación Primaria
3º e 4º curso
Ricardo Carvalho Calero e a ópera.
Vamos a coñecer algo máis sobre este xénero
musical a través das seguintes actividades interactivas.
Podedes mandar unha opinión do que máis che
gustou da actividade a couceiromusical@gmail.com
Educación Primaria
5º e 6º curso
Ricardo Carvalho Calero e o teatro.
Imos coñecer algo máis sobre teatro coas
seguintes actividades interactivas.
Podedes mandar unha opinión do que máis che
gustou da actividade a couceriomusical@gmail.com
Preguntas musicais sobre Ricardo Carvalho
Calero
Podedes mandar unha pequena referencia a algún
dos aspecto que máis vos gustaran a couceriomusical@gmail.com
domingo, 10 de mayo de 2020
Educación Infantil. Semana do 11 ao 15 de maio
O día 29 de abril foi o Día Internacional da Danza!
Ímolo celebrar como é debido esta semana cun
dos bailes que traballamos no primeiro trimestre .
"Indo eu”
Un xogo-baile portugués que poderedes bailar en familia.
Educación Primaria. Semana do 11 ao 15 de maio
O día 29 de abril foi o ía Internacional da Danza!!
Ímolo celebrar como é debido esta semana con
Pesdelán, un colectivo que, mediante a
música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o
espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a
idade, condición física ou experiencia.
Nesta ocasión nos ofrecen as seguintes danza:
- O Frevo, danza do Brasil típico do entroido
- O Pai
Paulino xogo-baile galego.
- O Peziño de Portugal
- O Txulalai do Pais Vasco
- O Baiao portugués.
Podedes facer un baile cada día da semana, sós ou en familia.
domingo, 3 de mayo de 2020
6º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
Boas a todas e a todos!
Estas son as tarefas para esta semana.
Canción “chea de vida” de Guadi Galego ( Pop
galego) con linguaxe de signos.
Podedes aprender a letra tamén signada.
Linguaxe musical.
Con Papagena repasaremos as figuras musicais e
as equivalencias.
5º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
Boas a todas e a todos!
Esta semana imos traballar unha das partes da Obertura de Guillermo Tell
Guillermo Tell by Rossini
Guillermo Tell é unha ópera en catro actos con
música de Guioachino Rossini e libreto do francés Étienne de Jouy e Hipplyte
Bis basados na obra de Friedrich Schiller, que ten como protagonista ao
lexendario heroe da independencia suiza Guillermo Tell.
Na actualidade esta ópera recórdase
principalmente pola súa famosa obertura. Divídese en 4 partes da cal imos
traballar a úlitma “el finale”
É un galop, unha carga de cabaleiría anunciada
polas trompas e trompetas e se interpreta con toda a orquestra. Imos escoitala e vela a través dunha evocación
con cabalos
Agora que xa estades familiarizados con ela
imos a acompañala con percusión corporal.
Galop de Guillermo Tell con percusión corporal.
Para quen lle interese deixo este enlace coa obertura completa.
4º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
Boas a todas e a todos!
Como sei que moitos e moitas de vos estades facendo pan na casa, déixovos estas actividades para esta semana.
Ritmo de panaderas
O ritmo das panaderas é o nome que recibe un
tipo de canción de traballo usado como comparsa durante as xornadas de traballo
no medio rural en Castela e León. A súa orixe puido ser a necesidade de
amenizar aquelas labores monótonas ou mecánicas que podían someterse a unha
base rítmica, como os cantos de sega o de vendima.
Aquí tedes un titorial para aprender este
ritmo:
Estos son uns exemplos que podedes acompañar:
Ana Rossi & Marina Pittier ::
Las Panaderas - Diciendo tu madre
Tradicional
EL NAÁN "PANADERAS DE PAN
DURO"
Letra e Música
orixinal de El Naán 2014.
3º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
Boas a todas e a todos!
Magín Blanco preséntanos “Todo o día na casa”,
canción na que describe o día a día neste confiamento. As animacións son da pintora, ilustradora e profesora Luz Beloso e coas
voces de grandes referentes da música galega como son Paty Lesta, Uxía, Guadi
Galego, Rosa Cedrón, Carmen Rey, Mari Faltri, Paula Romero e María Costa.
Ánimo que xa quedou máis!
Todo o día na casiña
da cociña ata o salón
do salón ata a cociña
outra patada ao balón.
Logo collemos un libro
de coellos roedores
imos correndo con el
por tódolos corredores.
Todo o día na casiña
mirando as nubes pasar
preguntándolle aos paxaros
de onde sacaron as ás.
Podemos facer un conto
ou facer unha canción
do salón ata a cociña
da cociña ata o salón.
Retrouso
Grandes e pequenas
somos todas coma nenas
brillan as estrelas
e aínda queremos
collelas
Grandes e pequenos
somos todos coma nenos
viamos paxaros
e queremos apertalos
Todo o día na casiña
indo de aquí para alá
inventando percorridos
coa pandeireta na man.
Un pasiño leva a outro
é hora de merendar
hoxe toca froita fresca
e iogur pra rematar.
Non nos imos dar máis bicos
tan só nos imos mirar
agora somos patiños
e facemos cua, cua, cua.
Xogamos a ser gaivotas
pero temos que parar
agardar que cambie o vento
e que amaine o temporal.
Retrouso
Instrumental
2º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
Boas a todas e a todos!
Velaí tedes Amawolé, unha canción da República
Democrática do Congo.
-
Botádelle un vistazo ao video.
-
Acompañade coas palmas como propón
a animación
-
Aprendede a cantar a canción.
-
Animade ás persoas que están
convosco a cantala, é moi sinxela.
1º Curso. Semana do 4 ao 7 de maio
Boas a todas e a todos!
Audición: A quinta sinfonía de Beethoven
Despois de escoitar e ver esta marabilla, fai
a túa interpretación cun debuxo ou cun baile.
Non tedes curiosidade por saber quen é Beethoven?
Descúbrideo neste vídeo
Educación Infantil. Semana do 4 ao 7 de maio
Boas a todas e a todos!
Para esta semana temos unha canción de "Bos días" para alegrar a mañá
E para acabar de espertar, imos mover o corpo!
domingo, 26 de abril de 2020
Semana do 27 ao 30 abril. Os maios
Boas a todas e todos.
Que tal a primeira saída da casa?
Espero que fora todo ben!
Sen darnos conta chega o mes de maio e a súa festa!
Por esto, a proposta para esta semana será:
-Facer un visionado da festa dos maios dos anos anteriores. Tedes máis abaixo os encales desde 2014. Moito medrastes dende aquela!
- Achegar algunha copla popular que fale dos maios ou que inventedes vos memos/as ao correo couceiromusical@gmail.com .
Para darvos ideas, deixovos un video dos Maios do grupo Habelas Hainas xunto coa letra. Este grupo de mulleres é un exemplo do novo trad e folk galego.O proxecto de Habelas Hainas nace en 2010 cando estas 4 rapazas cruzan os seu camiños.
A segunda parte da canción
utiliza coplas creadas por elas sobre o Barrio de San Pedro, en Santiago de
Compostela que recuperou a Festa dos Maios
Maios Habelas Hainas
Para facer os maios
temos que coller
un feixe de flores
e algo que dizer.
Vinde meu amigo
veremos nacer
flores e fiúnchos
logo do mencer.
Levántate maio
que tando durmiches
pasou o inverno
e non o sentiches.
Prenderemos lume
na noite enmeigada
ficarannos brasas
para a madrugada.
Maio Maio chega a San Pedro
vén con flores fiúnchos e fentos
Maio Maio entra no barrio
bótennolo maio señoras de San Pedro
se non tendes maio oh! Bótennos diñeiro
Aí vén o Maio pola rúa do Medio
cantaremos coplas, botemos o inverno
Maio maio chega a San Pedro
sen ningunha axuda do concello
maio maio entra no barrio
botaremos coplas, señores do concello
se non tendes luces as fachas prenderemos
Aí vén o Maio pola rúa do Medio
onde todo brilla menos os dereitos!!!
Maio maio chega entre velas
con copliñas alumean as Habelas
maio maio entra no barrio
botaremos coplas, ergamos as candeas
nós brillamos moito
e a vós pouco vos queda
Aí vén o Maio chegou a Compostela
sempre viva en loita non poderán con ella!!!
E aí van os nosos maios!
Maios 2015
Maios 2016
Maios 2017
Para facer os maios
temos que coller
un feixe de flores
e algo que dizer.
Maios 2015
Maios 2016
Maios 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)